jueves, 4 de julio de 2019

Ribadeo indiano

O Ribadeo indiano celébrase este ano os dias 12, 13 e 14 de xullo.

PROGRAMA


Venres 12 de xullo 

 

19:00 h. No Teatro da nosa vila. Solemne PRESENTACIÓN da VI Edición do Ribadeo Indiano. Intervirán:
D. Fernando Suárez Barcia. Alcalde de Ribadeo
D. Ángel Torres Jaime. Cónsul da República de Cuba en Galicia.D. Eduardo Gutiérrez Fernández. Cronista Oficial de Ribadeo.
Francisco Miguel Iriarte Quintana. Presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
19:15 h. No Teatro. PREGÓN a cargo do insigne arquitecto e ilustre coñecedor da construción civil indiana D. Ernesto Cruzado Estévez.
19:45 h. No Teatro. REPRESENTACIÓN MUSICAL: “De ida e volta”, a cargo dos magníficos músicos do Grupo Compay Segundo.
20:00 h. BAIXADA AO PORTO DE PORCILLÁN acompañados do célebre grupo de música Cuarteto Tradicional Illa Pancha.
20:30 h. No peirao de Porcillán. ANIMACIÓN TEATRAL: ”A chegada de Cuba” a cargo do excelente Grupo de Teatro de Ribadeo.
21:00 h. No peirao de Porcillán. ACTUACIÓN MUSICAL da reputada Banda de Música Municipal de Ribadeo.
21:30 h. Animada SUBIDA DENDE O PORTO con parada e actuacións musicais en:
  • Escaleiras de Martínez: Habana Café
  • Patín: Coro Sagrado Corazón interpretando “Vilameiga” e “Cubanita”.
  • Fonte dos Catro Canos: A lo Cubano
22:30 h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do fabuloso grupo Habana Café.
00:00 h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do espléndido grupo A lo Cubano.
Ao longo de todo o día encontrámonos nas concorridas Casas de Comidas e Bebidas.

Sábado 13 de xullo 
 
10:30 h. a 11:30 h. Na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco. Recepción dos/as artistas participantes no CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

11:00 h. No barrio de San Roque. Apertura do afamado MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.

11:00 h. En Rinlo. Visita á lendaria CASA INDIANA de Don Inocencio. Previa reserva*

12:00 h. No parque de San Francisco. Vistosa DEMOSTRACIÓN DE PETANCA a cargo do Club de Petanca Ribadeo coa participación de todas as persoas interesadas.

12:00 h. Na Praza de Abastos. A CHEGADA DOS HAIGAS. Exposición de luxosos coches da época.

12:00 h. Irrepetible VISITA TEATRALIZADA a cargo da nosa benquerida Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos.

12:00 h. En Rinlo. Coñece a CASA INDIANA do insigne benefactor Don Inocencio. Previa reserva*

12:30 h. No Teatro. COLOQUIO: “Cuba, a patria galega no alenmar” a cargo da prestixiosa escritora e xornalista María Xosé Porteiro e o ilustre cronista da emigración galega Martín Vizoso, e coa colaboración da serea do Cantábrico: Ugia Pedreira.

12:30 h. No barrio de San Roque. Animada REPRESENTACIÓN MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

12:30 h. Na praciña de San Roque. RECANTO INFANTIL: divertidos xogos tradicionais e entretido e imaxinativo obradoiro de papalotes (papaventos) a cargo de ConSentidiño.

13:30 h. No barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da magnífica Banda Municipal de Música de Ribadeo.

13:30 h. Polas rúas da Vila. CANTOS HABANEROS a cargo do respectable grupo Atalaia.

14:00 h. Na praza do Cantón. Entretida AMBIENTACIÓN MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

16:30 h. a 18:30 h. Na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco. Recollida das obras participantes do CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

16:30 h. No parque de San Francisco. EXHIBICIÓN da maxestosa arte do DOMINÓ.

17:00 h. Na Escola de Música. Interesante CLASE MAXISTRAL DE CLARINETE a cargo dos virtuosos integrantes do Grupo Compay Segundo: Rafael Inciarte Rodríguez (Clarinete ),
Haskell Armenteros Pons (Clarinete ) e Rafael Inciarte Cordero (Clarinete baixo).

17:00 h. Anímense de novo a vivir unha apaixonante XINCANA a cargo de ConSentidiño. Previa reserva**

17:00 h. En Rinlo. Coñece a maxestosa CASA INDIANA de Don Inocencio. Previa reserva*

17:30 h. PASEO CULTURAL polo legado indiano comentado polo inesquecible D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. (Suso Martínez, guía-actor). Previa reserva*

17:30 h. No parque de Indianos. Participa no popular VI GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (Billarda) do Ribadeo Indiano.

18:00 h. Polas engalanadas rúas da Vila. CANTOS HABANEROS a cargo do grupo Atalaia.

18:00 h. No Cantón dos Moreno. Dinámico TALLER DE BAILE “Rueda Casino” a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

18:00 h. En Rinlo. Coñece a CASA INDIANA de Don Inocencio, emprendedor con éxito alén dos mares. Previa reserva*

18:00 h. Na Praciña de San Roque. Animoso CONTACONTOS MUSICADO. “O pozo das señoras”, a cargo de Rilo & Penabique.

19:00 h. No Teatro. CONFERENCIA “A epopea indiana: crónicas e novelas”. a cargo de Xavier Alcalá, ilustre escritor e fondo coñecedor da emigración galega en América.

20:30 h. No Barrio de San Roque. Célebre e histórico FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA HISPANOAMERICANA “RÍA DE RIBADEO“ (Edición número XXV).
    • Agrupación Polifónica Centro Asturiano, de Avilés.
    • Coral Polifónica Airiños da Capela, de Ferrol.
    • Coral Polifónica de Ribadeo.

22:30 h. No Quiosco da Música. Entrega de premios do CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

23:00 h. No Quiosco da Música. Recreación dunha concorrida VERBENA TRADICIONAL a cargo dos maxistrais grupos de música Comando Curuxás e Son de Camagüey.
Ao longo de todo o día encontrámonos nas gorentosas Casas de Comidas e Bebidas. 


Domingo 14 de xullo

 

10:00 h. Na Praza de Abastos. GRAN MERCADO DA HORTA.

11:00 h. PASARRÚAS a cargo da tradicional e benquerida Asociación Amigos da Gaita.

12:00 h. VISITA TEATRALIZADA a cargo da rexoubeira Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos.

12:00 h. Na rúa San Francisco. ESPECTÁCULO DE MÚSICA E BAILE a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

12:30 h. No barrio de San Roque. EXHIBICIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS (os elegantes haigas)

13:00 h. No Quiosco da Música. SUBASTA BENÉFICA dos cadros do CERTAME DE PINTURA ao aire libre Ribadeo (os ingresos recadados irán destinados ao hospital Hijas de Galicia da Habana).

13:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. Festiva SESIÓN VERMOUT a cargo da espléndida Rondalla Latexos.

14:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. Popular XANTAR CAMPESTRE. Previa compra de tickets***

16:30 h. No Círculo Habanero da Devesa. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do excelente grupo cubano Timbabana.

17:30 h. Dende o Círculo Habanero da Devesa. PASEO CULTURAL polo legado Indiano de Vilaframil, Rinlo e A Devesa comentado polo carismático D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho” (Suso Martínez, guía-actor). Previa reserva*

18:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. MOSTRA da experiencia acumulada polos maiores do lugar na arte do DOMINÓ.

18:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. ACOMPAÑAMENTO MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

20:30 h. No maxestoso barrio de San Roque, no centro da vila. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do mundialmente recoñecido Grupo Compay Segundo – La Leyenda del Chan Chan.

22:00 h. No mesmo barrio de San Roque. SORTEO PRESENCIAL da VIAXE A CUBA.
Ao longo de todo o día encontrámonos nas hospitalarias Casas de Comidas e Bebidas.

Suxestións:

  • Non te perdas o excelente ciclo de Cine Cubano.
  • Achégate ao Teatro para ver a exposición de carteis sobre o Cine Cubano.
  • Visita a Oficina de Turismo, onde poderás contemplar a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”. Afundación. Obra Social ABANCA.
  • Diríxete á Sala de Exposicións de San Francisco para coñecer as obras que participaron no Certame Benéfico de Pintura ao Aire Libre Ribadeo Indiano.
  • Visita as nosas acolledoras Casas de Comidas e Bebidas para degustar gastronomía “indiana”.
* Poderás reservar calquera das actividades programadas no teléfono 982 128 689 ou na Oficina de Turismo de Ribadeo; prazas limitadas.
** Poderás reservar unha praza na xincana no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com.
*** Poderás adquirir o teu tícket para o xantar campestre en: Círculo Habanero da Devesa e Oficina de Turismo de Ribadeo. Prezo: Adultos: 22 Euros. Nenas/os ata 10 anos: 10 Euros

Playa de las Catedrales

La playa de Las Catedrales (en gallego: praia das Catedrais) es el nombre turístico de la playa de Aguas Santas (en gallego: praia de Augas Santas), situada en el municipio gallego de Ribadeo (parroquia de A Devesa), en la costa de la provincia de Lugo, España, sobre el mar Cantábrico.

Está a unos diez kilómetros al oeste de la localidad de Ribadeo. Es conocida por este nombre debido a la apariencia de sus acantilados. Está declarada Monumento natural por la Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Galicia.



La Playa de Las Catedrales está enclavada en la costa de la provincia de Lugo (Galicia), también conocida como la Mariña Lucense.

El lugar en el que se ubica pertenece al Ayuntamiento de Ribadeo, limítrofe al este con el Principado de Asturias y al Oeste con el Ayuntamiento de Barreiros. Lo característico de la playa son los arcos y las cuevas, sólo apreciables a pie de playa durante la bajamar.
Durante la pleamar la playa es relativamente pequeña, de fina arena y sigue siendo adecuada para el baño. Es interesante ver la playa con la marea alta recorriendo la parte superior de los acantilados en dirección oeste-este hacia la playa de Esteiro y verla con marea baja sobre la arena de la playa.

Durante la marea baja puede accederse a un largo arenal delimitado por una pared rocosa de pizarra y esquisto erosionada en formas caprichosas: arcos de más de treinta metros de altura que recuerdan a arbotantes de una catedral, grutas de decenas de metros, pasillos de arena entre bloques de roca y otras curiosidades.

Con las mareas vivas, en las que las mareas bajan más y suben más que las mareas normales, incluso se puede acceder a las playas vecinas por la arena, aunque eso sí se debe tener precaución y volver antes de que comience a subir la marea ya que el nivel del mar sube rápidamente puesto que se trata de un tramo de costa prácticamente horizontal perteneciente a la Rasa Cantábrica. La playa tiene este relieve debido al efecto de la erosión del viento y del agua salada.